The Holy Bible

The Holy Bible
Álbum de Manic Street Preachers
Publicado29 de agosto de 1994
Gravación1994
Estudio(s)Soundspace Studios, Cardiff
Duración56:17
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Epic
Producido porSteve Brown, Manic Street Preachers
Cronoloxía
Gold Against the Soul The Holy Bible Everything Must Go

The Holy Bible é o terceiro álbum da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, editado o 29 de agosto de 1994 polo selo Epic Records.

Aínda que chegou ao número 6 na lista británica de álbums, inicialmente as vendas globais foron decepcionantes en comparación cos discos anteriores, e o traballo non entrou en listas da Europa continental ou de América do Norte. Foi promocionado con xiras e aparicións en festivais no Reino Unido, Irlanda, Alemaña, Portugal, Países Baixos e Tailandia, en parte sen Edwards. The Holy Bible recibiu unha ampla aclamación da crítica e vendeu máis de medio millón de copias en todo o mundo ata 2014. O disco ten aparecido con frecuencia nas listas dos mellores álbums de todos os tempos de publicacións musicais británicas como Melody Maker, NME e Q.[1][2][3]

  1. "Quintessential Newsnight" (en inglés). 2005-08-05. Consultado o 2024-03-23. 
  2. "Melody Maker Top 100 Albums of All Time". Melody Maker. 5 de xaneiro de 2000
  3. "Radiohead romp home in Q poll" (en inglés). 2001-09-13. Consultado o 2024-03-23. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search